Thursday 02 de May de 2024

Política Social participa na pesentación de “Runki, a carreira dos superheroes”


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta tarde ao acto de presentación de Runki, a carreira dos superheroes, unha competición benéfica que terá lugar o vindeiro 5 de xuño na Coruña. Durante o acto de presentación, o director xeral destacou o traballo das entidades organizadoras como son a Fundación Adcai e Enki a favor da inclusión das persoas con discapacidade.

O Goberno galego colabora con esta entidade na organización deste evento e moitos outros que teñen lugar ao longo do ano e que axudan a dar visibilidade ás persoas con discapacidade. A través da orde de axudas con cargo á casilla social do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), a Xunta inviste máis de 130.000 euros para promover o deporte e a accesibilidade das persoas con discapacidade.